Gaña un libro coa biografía de Berrogüetto

Categoría: Nova

O vindeiro venres 11 do 11 do 11 presentaremos na Cidade da Cultura de Galicia o libro, escrito por Fernando Neira, cun CD e un DVD en directo e un tema inédito e limiar de Manuel Rivas, 'Berrogüetto, o pulso da terra', a súa biografía oficial na que se repasan quince anos de carreira.
Co gallo desta importantísima novidade editorial propoñemos, a partir do noso facebook e twitter, un concurso de microrrelatos no que todos e todas poden participar enviando un texto no que haberá que empregar, obrigatoriamente, once palabras, das cales tres deben ser BERROGÜETTO, PULSO e TERRA.
Un exemplo: 'A terra quixo botarlle un pulso ao pentagrama: daquela, naceu Berrogüetto'.
Dende hoxe mesmo convídase aos internautas a enviar as súas propostas, vía facebook (Falamos de libros) ou twitter (@edgalaxia). A que máis guste ao xurado, no que estarán membros do grupo e da editorial, recibirá como agasallo un exemplar do libro co CD e o DVD asinado polos sete membros do grupo e polo autor do libro.
Anímate a escribir. Só son once palabras.
O fallo darase a coñecer, como non podía ser doutro xeito andando polo medio os Berrogüetto e a importancia que sempre lle deron aos números, ese 11 do 11 do 11.

Comparte nas túas redes sociais ou por email