Galaxia suma seis candidaturas ao Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

O pasado venres déronse a coñecer as obras finalistas da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un dos máis interesantes galardóns do país, na medida en que a votación final dirímese coa participación de milleiros de escolares galegos.
Editorial Galaxia suma seis candidaturas en distintas categorías.
Así, no apartado de 5º e 6º de primaria, das tres obras finalistas, dúas pertencen á nosa editorial, concretamente, 'Os tratantes de papagaios' de Leticia Vila Sexto e 'Brais e os demais' de Manuel Darriba. Na categoría centrada en 3º e 4º de bacharelato acontece outro tanto, entrando na final o 'Menú de enganos' de Manuel Núñez Singala e 'O segredo de Marco Polo' de Francisco Castro. Finalmente, na categoría centrada en adultos, entre os tres libros finalistas atopamos o de Xulia Alonso Díaz, 'Futuro imperfecto' e 'A lei das ánimas' de Carlos G. Reigosa.
Unha boa colleita literaria para este ano que vai encetando o seu final.

Comparte nas túas redes sociais ou por email