Galaxia renova o seu convenio coa Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo coa intención de fomentar a inserción laboral das persoas con autismo.

No ano 2017 a Editorial Galaxia sumouse ao programa Axúdalle a encaixar,  da Asociación de Trastrornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVi), co obxectivo de brindar oportunidades no mercado laboral a persoas con trastorno do espectro autista (TEA). Mediante este convenio, Galaxia convertíase nun exemplo para outras empresas de Vigo e ofrecía durante dous anos prácticas formativas nos seus centros cunha “metodoloxía innovadora centrada na orientación e o acompañamento para a inserción en entornos laborais competitivos”.

Dous anos despois, a editorial decide continuar formando parte do programa Axúdalle a encaixar, promovendo a igualdade e impulsando a autonomía destas persoas. Durante este tempo, a empresa acolleu a diversos traballadores que fixeron un excelente traballo nos seus distintos departamentos. Algúns deles, despois da formación recibida, ocupan hoxe postos noutras empresas do mundo cultural.

Dende Galaxia considérase fundamental que se leven á práctica colaboracións desta índole para por en marcha a aposta polos dereitos laborais das persoas con autismo nun mundo que non está deseñado para eles.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR