Galaxia publica Feminismos. A historia cóntana as vencedoras

Categoría: Nova

Na xornada de onte, tivo lugar na Cidade da Cultura de Galcia a presentación do volume Feminismos. A historia cóntana as vencedoras de Anna R. Figueiredo. Neste encontro coa presnsa, participaron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella,; o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo. O libro, que fai un percorrido pola situación das mulleres dende a prehistoria ata hoxe, trátase dunha viaxe pola historia da humanidade que reflicte a historia do feminismo como un movemento onde as mulleres procuraron e procuran acadar os mesmos dereitos ca os homes, xerando un pensamento radical e independente que non ter por que reproducir o masculino.
Unha historia do feminismo que nos explica que un universo en igualdade é unha realidade boa para todas e para todos. A autora detense tamén no feminismo galego, vangarda, en moitos sentidos, a loita polo empoderamento da muller. Ademais, o libro visibiliza e pon en valor a todas aquelas mulleres que foron invisibilizadas ao longo da historia ou ás que non se lles concedeu a importancia merecida polos seus logros.
Esta iniciativa Editorial, levada a cabo por Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Iguladade, chegará nas próximas semanas aos centros de ensino e bibliotecas públicas galegas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email