Un ano máis, este 24 e 25 de xullo, no Campus Sur de Compostela, celebrarase unha das grandes citas culturais do ano. O Festigal chega, coma sempre, cheo de propostas relacionadas coa cultura, ben sexa o cinema, a música, a literatura ou a artesanía.
A nosa editorial terá unha presenza, como fai todos os anos dende que deu comezo o Festigal.
De seguido, deixámosvos a programación completa de actos que desenvolverá a Editorial Galaxia:

Martes 24 de xullo, no Café Concerto

– Ás 17:00 h, proxección da película DÚAS LETRAS, de Eloy Varela e Fina Casalderrey.

– Ás 22:00 h, concerto de presentación do libro-disco RAPOEMAS, de Aid.

Mércores 25 de xullo, na Galería das Letras

– Ás 17:40 h, presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO, de Teresa Moure. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011.
Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e a autora.

– Ás 19:00 h, presentación da novela ESPERANDO O LEITEIRO, de Xosé Neira Vilas.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor.
Xosé Ramón Fandiño lerá algúns fragmentos do libro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR