Galaxia no CULTURGAL 08

Categoría: Nova

Velaquí a relación de actos organizados por Galaxia nos que agardamos contar coa vosa presencia:

– Xoves 4 de decembro, ás 20.00 h, presentación da novela MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ, de Inma López Silva. Premio Blanco Amor 2007. Participan Carlos Lema, Mariana Carballal e a autora.

– Venres 5 de decembro, ás 19.00 h, o escritor Xesús Constela asinará exemplares das súas obras no stand de Editorial Galaxia. Entre elas a súa última novela, SHAKESPEARE DESTILADO, Premio García Barros 2008.

– Venres 5 de decembro, ás 20.00 h, presentación do libro A FADA DAS LAPAS, de Manolo Janeiro, con ilustracións de Zita Delaco. Participan Xosé M. Soutullo, director de produción de Editorial Galaxia, Vítor Vaqueiro, escritor, a ilustradora Zita Delaco e o autor, Manolo Janeiro.

– Sábado 6 de decembro, ás 12.00 e ás 18.00 horas. Representación do espectáculo teatral FLIS-FLI-RIS-FLÁS. No Auditorio.

– Sábado 6 de decembro, ás 19.00 h, presentación dos álbumes ilustrados A SEREA DO MUNDO e O BRANCO PAÍS SEN NEVE, de Encarna Otero, con ilustracións de Elisa Gallego Picard. Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Elisa Gallego Picard, ilustradora, e a autora, Encarna Otero.

– Domingo 7 de decembro, ás 12.30 horas. Presentación dos últimos títulos da colección ÁRBORE OS DUROS. Festa dos globos. Participan Xosé A. Neira Cruz, director das coleccións infantís e xuvenís de Editorial Galaxia, e autores e ilustradores destes libros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email