Galaxia no Arcu Atlántico (Xixón)

Categoría: Nova

Antón Riveiro Coello e Víctor F. Freixanes representarán a Galaxia e, por extensión, ás letras galegas, nas V Xornadas Literarias do Arcu Atlántico que se celebran en Xixón durante esta fin de semana.
O sábado, día 30, ás 20 horas, Riveiro Coello falará na Carpa Espaciu Pallabres da súa obra, moi especialmente da novela "Laura no deserto", traducida recentemente ao castelán en Mar Maior.
Víctor F. Freixanes falará da estratexia da editorial na proxección dos escritores e a cultura galega no exterior, con referencia específica ao proxecto Mar Maior e ao recente lanzamento da editora en Buenos Aires.
O ano pasado Editorial Galaxia estivo tamén presente neste evento coa proxección da película "A Esmorga" e a presentación da edición da novela de Eduardo Blanco Amor, en galego e en castelán.

Comparte nas túas redes sociais ou por email