O vindeiro xoves, 1 de agosto, dará comezo a Feira do Libro da Coruña e Galaxia non podía faltar a esta cita para os amantes da literatura. Aquí vos presentamos as diferentes actividades desenvolvidas pola Editorial ao longo dos 10 días que dura a Feira.

O primeiro acto co que damos inicio á nosa progrmaación na Feira do Libro da Coruña o 1 de agosto, é a mesa redonda “Mulleres de negro”, ás 19:00h, onde participará Arantza Portabales, autora de Beleza vermella. Ás 20:30h, a encargada de pechar a primeira xornada é María Xosé Porteiro, coa presentación da súa última novela, Sándalo.

O venres 2, será Inma López Silva quen abrirá as actividades deste segundo día coa súa participación nun coloquio sobre feminismo ás 18:00h. Neste mesmo día terán lugar tamén varias presentacións destinadas tanto ao público adulto como ao infantil. Ás 19:00h Luisa Martín Lorenzo contará e presentará Puf! Vaia peido…; ás 19:45h Antonio Seijas, fara o mesmo con O soño da serpe; ás 20:30h, Carlos Meixide levará aos Xardíns de Méndez Núñez Camiño de paixóns (Premio Camiño de Santiago 2018); e finalmente Antón Lopo presentará o seu Extraordinario (Premio Repsol e Premio da Crítica Española 2018) ás 21:15h.

Na fin de semana, o sábado 3 de agosto, haberá debate arredor de Golpistas e verdugos de 1936 ás 19:45h, e ás 20:30h Fernando Fernández Rego presentará Unha historia da música en Galicia (1952-2018).

O luns 5 de agosto comezamos unha nova semana coa mesa redonda “Letras que nacen”, onde participarán Anna R. Figueiredo (Os bicos feridos) e Antía Yáñez (Senlleiras) ás 18:00h.

E para pór punto final ás actividades de Galaxia nesta Feira do Libro da Coruña 2019, o xoves 8 de agosto ás 20:30h terá lugar a presentación de O último barco de Domingo Villar.

Ademais, tamén haberá sinaturas de Antía Yáñez, Carlos Meixide, Arantza Portabales e Inma López Silva.

Agardámosvos!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR