Esta fin de semana celébrase en Rianxo a Feira do Libro. Durante a mesma, a Editorial Galaxia presentará dúas das súas últimas novidades.
Así, o 25 ás 20.30 h. o escritor Antonio Piñeiro presentará A IDENTIDADE FASCINADA acompañado por Manuel Cartea e Adolfo Muíños Sánchez.
Ao día seguinte, domingo, Helena Villar Janeiro fará o mesmo co seu libro de poemas AS SEÑORAS COUSAS. Este acto celebrarase no Salón de Plenos da Casa do Concello de Rianxo ás 12 h. O acto estará presentado por Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo e xunto a autora estará o editor Francisco Castro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR