Galaxia inicia as «Grandes biografías» con MURGUÍA de Xosé Ramón Barreiro

Categoría: Nova

"Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen". Con estas palabras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo dar as grazas "por este inapreciable regalo" ao destacado galeguista e quixo, tamén, facelas extensivas a Xosé Ramón Barreiro pola biografía Murguía, "un libro –dixo- que é unha homenaxe a un dos Pais Fundadores do que agora somos".
Durante o acto de presentación na tarde de onte, na que participaron ademais do autor, Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, o autor da biografía deu a coñecer varios feitos sobre o autor de 'Los precursores', como o por que do seu nacemento en Froxel (Arteixo), curiosidades sobre a súa pequena estatura ou os apuros económicos que pasaron Murguía e Rosalía, porque «eran moi gastadores».

Comparte nas túas redes sociais ou por email