Galaxia colabora no concurso Contádenos o voso Día das Letras Galegas da RAG

Categoría: Nova

A Real Academia Galega puxo en marcha o concurso Contádenos o voso Día das Letras dentro do proxecto web Primavera das Letras, que ofrece desde o ano 2016, co apoio da Deputación da Coruña, materiais didácticos para as escolas arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Ao certame concorreron este ano un total de 82 centros educativos de toda Galicia, con propostas que abranguen desde as artes escénicas á música para recrear o universo vital e literario de María Victoria Moreno. Desta volta, os centros gañadores foron a Escola de Educación Infantil do Milladoiro, o CPI Virxe da Cela e o CEIP Anxo da Garda.

O acto de entrega dos premios, que tivo lugar na xoranda de onte na sede da Academia na Coruña, estivo presentado polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e conducido pola académica e escritora Fina Casalderrey. Alí estivo tamén presente a carón do viúdo de María Victoria Moreno, Pedro Ferriol, e dos representantes das demais entidades colaboradores, Francisco Castro, director xeral de Galaxia, quen contribúe a darlle ás a este premio achegando títulos para os lotes de libros que recibiron os tres centros gañadores. Máis aínda nun ano tan especial coma este adicado a María Victoria Moreno, autora fundamental da noso catálogo infantil e xuvenil e codirectora no seu día da colección Árbore.

Comparte nas túas redes sociais ou por email