Galaxia colabora co Festival Kerouac

Categoría: Nova

Na tarde de onte presentábase na Terraza do Corte Inglés de Vigo a oitava edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance que, un ano máis, encherá as rúas e os espazos da cidade de poemas e poetas e que levará a poesía a lugares insospeitados.
Dentro desta nova programación, que arrinca o xoves 4 de outubro, Galaxia é unha das entidades colaboradoras. Así, o sábado 6 de outubro ás 19:30h estaremos na Terraza do Corte Inglés de Vigo presentando o libro+dvd Versogramas, publicado na nosa colección Libro-Cinema e que contén o documental dirixido por Belén Montero e Juan Lesta, considerado o primeiro no mundo en abordar o fenómeno da videopoesía; e tamén achegando ao público o poemario Pantallas, de Celia Parra, a través dun recital con vídeo a cargo da autora. Acompañándoos estará Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
Vémonos nas rúas compartindo poemas!

Comparte nas túas redes sociais ou por email