Galaxia apoia e premia a loita contra a violencia de xénero

Categoría: Nova

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra entregou, a pasada semana, nun acto celebrado no Auditorio de Afundación, os premios do I Concurso de Debuxo e Relato contra a Violencia de Xénero, que contaba coa participación da Editorial Galaxia.
Os alumnos dos 12 centros premiados recolleron os seus galardóns e estiveron acompañados polo resto de compañeiros das súas clase, a quen tamén se lles concedeu un premio colectivo. Así, estiveron representados centros educativos de Pontevedra, Vigo, Baiona, Cangas, Cambados, Soutomaior e Caldas de Reis. En total, presentáronse 509 trabajos (312 de debuxo-pintura e 197 relatos curtos).
Unha iniciativa máis coa que a Editorial Galaxia se suma á loita pola erradicación do terrorismo machista, e deposita a súa confianza na formación dos máis novos a través da arte e a literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email