Estamos moi felices porque varios títulos da Editorial Galaxia resultan elixidos como finalistas no premio Mondoñedo 10 na categoría de mellor obra de Ensaio en galego da última década (2009 – 2019). As obras elexidas foron as seguintes:

Para que nos serve Galiza? de Xaime Subiela. Galaxia, 2012

Historia de Galicia de Ramón Villares. Galaxia, 2016.

Identidade e afectos patrios de Ramón Villares. Galaxia, 2017.

Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) de María Xesús Lama. Galaxia, 2017.

O premio resolverase o domingo 13 de outubro coa xuntanza final do xurado e a entrega do galardón entregarase o domingo 20 de outubro. Este premio convoca cada ano unha categoría literaria e valora as obras publicadas na década precedente á convocatoria.

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos a mellor das sortes! Parabéns por saír elixidos!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR