Fina Casalderrey nominada ao Premio Astrid Lindgren

Categoría: Nova

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey e o ilustrador coruñés Miguelanxo Prado figuran entre os candidatos ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2.012. Ambos os autores foron propostos por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e xuvenil).
Estes días están a facerse públicas as candidaturas para a edición do 2012 do prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA), un premio que se outorga anualmente a un ou varios receptores, independentemente o idioma ou da nacionalidade, e concédense a escritores/as, ilustradores/as, por toda a súa obra e a proxectos ou organización que fixeran valiosas aportacións na literatura infantil e xuvenil no fomento da lectura.
En total, na edición do 2012, hai 184 candidatos de 66 países. O nome dos gañadores farase público o 20 de marzo de 2012.
Os candidatos nominados do estado español son:
Categoría autor/a: Fina Casalderrey, Javier Sáez Castán (escritor/ilustrador)
Categoría ilustrador/a: Miguel Calatayud, Elena Odriozola, Miguel Anxo Prado.
Na ligazón da dereita podes ver a nómina completa de nominados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email