Esta ponte de Maio, como xa moita xente a coñece, non será de ponte para a presentación de novidades literarias.
Así, o venres, ás 20 horas na librería Biblos de Betanzos, o escritor Xabier López López acompañará a Inma López Silva na presentación do seu 'Maternosofía'.
Ao día seguinte, dentro dos actos programados na Feira do Libro de Santiago, o sábado ás 20 horas Armando Requeixo, Luis G. Tosar e Víctor F. Freixanes protagonizarán unha mesa redonda arredor da figura e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano co Día das Letras.
Finalmente, o domingo, Sabela González falará, tamén ás 20 horas, sobre o segundo tomo das súas Crónicas de Landereina logo do éxito colleitado coa primeira entrega, 'Bágoa de lúa'. Os asistentes poderán escoitar tamén fragmentos das primeras páxinas do segundo tomo que verá a luz logo do verán.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR