Unha guía de lecturas contra a violencia de xénero

Categoría: Nova

Dende a Federación de ANPAS de Compostela lanzaban estes días unha guía de lecturas contra a violencia de xénero, coa intención de que tamén a literatura axude a erradicar o terrorismo machista. Dende Galaxia, aproveitamos hoxe o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para darlle visibilidade a este proxecto en construción que pretende remover as conciencias do alumnado de Secundaria e Bacharelato, poñendo o acento sobre a importancia de educar ás novas xeracións na condena das violencias de xénero, que a día de hoxe continúa a ser a principal causa de morte das mulleres entre 15 e 44 anos no mundo, de acordo coa ONU.
Entre as obras seleccionadas, moitas do noso catálogo: Na casa da avoa de Marta Dacosta; Unha verdade amarga de Celia Díaz; Os nenos da varíola de María Solar; Amor é unha palabra coma outra calqueraO corazón de Branca de Neve de Francisco Castro; Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva; A candidata de Miguel Sande; Máis aló do azul e do rosa de Ana Torres Jack; Bícame, Frank de Miguel Anxo Fernández; Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño; O diario violeta de Carlota e O diario vermello de Carlota de Gemma Lienas; A casiña azul de Sandra Comino; e Saladina de Xavier Queipo.
Unha listaxe aberta e que dende a nosa editorial só podemos desexar que medre, facendo da literatura, unha vez máis, unha ferramenta de cambio social, un instrumento de concienciación entre os máis novos.
Podes descargar a guía ao compelto aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email