Onte celebrouse, nunha Praza do Toural ateigada de xente, a presentación de Eles e mais eu. Compostelaneando, de Xosé Luís Bernal López (Farruco). O autor estivo acompañado por Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela e Suso de Toro, autor do limiar.

A actriz Isabel Blanco presentou o acto e os músicos composteláns Kike Azambuya, “Jazzman” e o violinista Grigori Nedabora foron os encargados da interpretación musical.

Santiago, Compostela, foi a vida que rodeou e rodea a Xosé Luís, a Bernal, a Farruco. Neste libro fálanos da súa relación coa cidade a través dos personaxes máis destacables e curiosos do seu tempo, cunha ollada capaz de crear historias que merecen ser contadas.

Sen dúbida, onte achegouse un público entregado que quixo compartir co autor o seu amor pola capital galega e polas persoas que lle deron e dan vida á urbe compostelá.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR