O pasado xoves, o cociñeiro Benigno Campos achegouse ata a librería Nós da Coruña para constatar o éxito que segue tendo entre os lectores e lectoras do país, amantes da boa cociña de sempre, que ateigaron a sala para se xuntar con el nunha conversa na que non se deixou de falar de libros e de viños.
No acto, acompañou ao cociñeiro de Chapela, Pedro Miravalles, responsable de promoción da adega Pazo Casanova do Ribeiro e vicepresidente da Asociación galega de sumilliers, e o director comercial de Galaxia, Xulio Amigo.
Entre palabras e boa conversa sobre libros e viños, os presentes tiveron ocasión de catar un caldo desa adega.
Uns días, despois, o sábado e domingo, Benigno Campos achegouse pola Semana Verde de Silleda onde fixo catro show-cooking e firmou máis de 200 exemplares dos dous volumes de "larpeiros".
Case que dous anos despois de comezar a súa andaina editorial, Benigno Campos segue entusiasmando a quen se achega ata a súa cociña e as súas receitas…
No noso blog deixamos unha completa galería de fotos desta xornada feliz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR