Na fotografía aparecen os membros do Comité Asesor da Exposición, que estará comisariada polo sociolingüista e codirector de GRIAL Henrique Monteagudo e polo historiador Carlos Fernández.

De esquerda a dereita, arredor da mesa: Xosé Díaz (deseñador), Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo, Xosé Luis Franco Grande, Miguel Barros, Benxamín Casal, Xosé Manuel Dasilva, Carlos Fernández, Xosé Soutullo, Xulián Parga e Ánxela López Piñeiro. Non pudieron asistir, aínda que xustificaron a ausencia, Ramón Villares, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, estes dous últimos compañeiros de Ramón Piñeiro e fundadores, xunto con el, da Editorial Galaxia (1950).

O Ano Piñeiro xirará arredor dos actos que a Real Academia Galega ten programados, moi probablemente na vila de Láncara, en Lugo, e en Santiago de Compostela, e mais arredor desta exposición que, en dezaoito paneis e un espazo escenográfico (a reproducion simbólica da famosa mesa braseiro, realizada por Rodrigo Roel), presentará a biografía e o contexto histórico en que se desenvolve a vida do escritor homenaxeado. Completarán a exposición documentos e obxectos persoais do autor.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR