Expedición Tilovonte, de Carlos López, na Feira da Coruña

Categoría: Evento, Nova

Chega á Feira da Coruña a expedición máis tola, divertida, disparatada… e incrible de todos os tempos! Nun mundo no que de todo pode pasar, en efecto, pasa de todo! Unha fervenza imaxinativa, a de Carlos López, que vai atraparte durante unha viaxe imposible de esquecer. Atréveste? Agardámoste o martes 8 de agosto, xunto ao autor, Carlos López, estará o Director Xeral de Galaxia, Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email