Éxito rotundo de Benigno Campos na presentación do novo libro

Categoría: Nova

Onte, as instalacións da Casa do Libro de Vigo quedaron pequenas para acoller a tantísimo público como se concentrou para asistir á presentación da terceira entrega das receitas de Benigno Campos e que desta volta titulou 'Volve a cociña de Larpeiros'. Na presentación, o autor volveu insistir no seu discurso máis forte e máis interesante, como é que son receitas baseadas en produtos galegos do mercado, na cociña de sempre e doada de asumir por calquera que teña ganas de bo padal.

Houbo intres divertidos e para a retranca, nos que o cociñeiro insistiu no moito que ás galegas e galegos nos gusta comer. Ao tempo, fixo un repaso sobre o programa de televisión que tanta fama lle dá e que o achega, cada semana, a milleiros de familias en todo o país.
No noso blog deixamos unha fotogalería moi completa desta xornada inesquecible e saborosa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email