Exito na presentación de A ESMORGA en Barcelona

Categoría: Nova

Onte presentouse en Barcelona, a película (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG) de Ignacio Vilar, A ESMORGA, baseada na novela de Eduardo Blanco Amor que aproveitamos para presentar tamén alí coincidindo coa súa recente saída no noso selo Mar Maior.
O director da fita, Ignacio Vilar, os tres actores protagonistas, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris" e o editor Francisco Castro, atenderon aos xornalistas, críticos de cine e público interesado que se achegou á premier desta película que bebe na fonte inesgotable de Blanco Amor. Durante a rolda de prensa posterior ao visionado da película para os medios especializados, o editor Francisco Castro explicou a importancia da obra de Eduardo Blanco Amor así como o nacemento do selo Mar Maior que pretende levar a mellor literatura galega polo mundo.
No noso blogue deixamos unha galería fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email