Hai dous meses dabamos cumprida nova da saída do libro de Séchu Sende en curdo, baixo do título 'Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim' ('Nin en soños vou perder a miña lingua') publicado pola editorial Avesta.
A día de hoxe, o libro do padronés esgotou xa tres edicións nunha lingua que, a xuízo do escritor, mantén moitos paralelismos con algunhas das situacións nas que vive a nosa, en especial, o conflito lingüístico.
Sen dúbida, unha boa nova para a nosa literatura, de cada vez máis universal e que demostra que pode chegar e ser entendida por calquera pobo do mundo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR