Levabamos días comentándoo. Que a expectación que estaba a crear o concerto de Pablo Díaz, presentando o seu novo libro-disco 'Toc Toc' que acabamos de publicar en Galaxia, na Coruña, o pasado sábado, era enorme. Confirmóusenos na véspera, cando soubemos que xa restaban moi pouquiñas entradas para conseguir o cheo nas dúas sesións previstas. E, finalmente, sucedeu iso que tanto gusta a calquera se dedica ao espectáculo e houbo que pechar a billetería pois todo o aforo do Fórum da Coruña, que non é precisamente pequeno, estaba cheo ata arriba.
Parabéns a Pablo Díaz e á súa banda por este éxito.
Virán máis. Moitos máis.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR