Presentación A herba de namorar en Santiago de Compostela

Categoría: Nova

O día 10 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar a presentación de A herba de namorar de María do Cebreiro na Sala Numax de Santiago de Compostela. Á mesma, asistirán Ismael Ramos, editor do libro e a escritora Berta Dávila.

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018).

Neste volume —onde tamén atopamos poemas inéditos— acompañamos o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século.
A herba de namorar é un libro vello e novo ao mesmo tempo, un libro resultado de antologar, en palabras da autora, “aqueles poemas que salvaría se só puidese escoller eses”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email