Presentación en Tui de A ABELLA ABESULLONA

Categoría: Nova

Hoxe venres, ás 20.00 h, no Museo Municipal (antigo Convento de San Domingos) de Tui, o escritor Manuel Janeiro presenta o seu último libro, 'A abella abesullona', acompañado por Xulio Amigo, director comercial de Galaxia.
Con este libro, Manuel Janeiro sigue profundando nunha literatura que, sen renunciar á poesía, é quen de facernos pensar, a grandes e pequenos, sobre as grandes cuestións da vida.
O pretexto é unha abesullona que quere sabelo todo. E na súa viaxe na procura de alimentos para a colmea, pero tamén en busca de respostas, irá atopando curiosos animais de toda clase e condición que van aportarlle, cada un ao seu xeito, interesantes perspectivas sobre a vida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email