
- Este evento xa pasou.
Presentación en Compostela de É a lúa que baila…
16/05/2018| 19:30 - 20:30
Evento Navegación
Evento con convite previo.
O mércores 16 de marzo, ás 19:30h, terá lugar na Fundación Torrente Ballester a presentación de É a lúa que baila…, o volume coeditado polo Consorcio de Santiago e Galaxia arredor do estudo de María Victoria Moreno sobre os Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Ao acto asistirán o alcalde de Santiago de Compostela e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; o académico Xesús Alonso Montero, autor do limiar; Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno; o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro; o director da Fundación Torrente Ballester, Miguel Fernández-Cid; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde.