Presentación en Boiro de A ROSA DO VIÑO

Categoría: Nova

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e Editorial Galaxia organizan esta presentación do último libro do profesor de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro, titulado 'A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia'.
Durante a súa intervención, o autor estará arroupado polo vicepresidente da Asociación Galega da Viticultura, Xosé Manuel González Vilas, polo periodista e socio de Barbantia Gonzalo Trasbach e polo director de producción de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.
A Asociación Cultural Barbantia, organizadora da actividade, aproveitará para dar a coñecer un número do suplemento 'Barbantia'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email