Presentación do DICIONARIO GALEGO DE PEDAGOXÍA

Categoría: Nova

Participan neste acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Juan Casares Long, Reitor da USC, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, o Decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás, e os directores do dicionario, Felipe Trillo e José Antonio Caride.
Este dicionario ten máis de 500 entradas nas que 176 especialistas galegos explican, de xeito rigoroso e accesible, os diferentes termos e os conceptos, expresións e significados a eles asociados, desde a Didáctica e a Organización Escolar aos métodos de investigación, da Teoría e a Historia da Educación á Pedagoxía Social, do diagnóstico á orientación educativa e laboral.

Comparte nas túas redes sociais ou por email