Presentación de Soleando en Vigo

Categoría: Nova

O día 18 de outubro, ás 20:00 h, realizarase a presentación de Soleando de An Alfaya na libraría Librouro, en Vigo. Á mesma, asistirán a autora An Alfaya, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia e o escritor Antonio García Teijeiro, o cal presentará o libro.
Durante a presentación leerase un texto da ilustradora, Imma de Battle.

Un libro luminoso coma o sol.  

Con letras para quecer a alma.
E para que nunca vaia frío por dentro.

María de los Ángeles Alfaya Bernárdez (Vigo, 1964) ten unha sólida traxectoria como narradora dirixida ao público infantil. Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo, obtivo diferentes premios de teatro infantil e publicou varias obras de teatro para nenos.
Entre as súas obras destacan: O maquinista Antón (1995), 1º Premio Mostra de Teatro Infantil “Xeración Nós”; O caderno azul (1996); ¡Sireno, Sireno! (1997), Premio Merlín 1997;O baúl de Wensel (Galaxia, 2000); A estrela volarina da torre colarina (2001); A encontadora (2003); A buguina namorada (2003); Desventura (2003), novela para adultos; Unha xanela para Cecilia (2005); Os seres con raíces na cara (Galaxia, 2006); A sombra descalza (2006), Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005 e Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil; e Illa Soidade (2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.

Comparte nas túas redes sociais ou por email