Presentación de “Porque te quero” en Vigo

Categoría: Nova

O día 13 de febreiro, celebrarase, ás 20:00h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Porque te quero, de Baldo Ramos. Acompañando ao autor, asistirán Antonio García Teijeiro e o ilustrador Anxo Rodríguez Fariña.
Lese practicamente igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda.

Estes poemas
son reversibles.
Baldo Ramos (Celanova, 1971) cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Ten publicado, entre outros, os libros: Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios, entre outros, o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, Fiz Vergara Vilariño, e foi accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio de Poesía Miguel González Garcés.

Comparte nas túas redes sociais ou por email