Presentación de “Mulleres que (nos) dan que pensar” na Coruña

Categoría: Nova

O día 20 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, na Biblioteca do Ágora da Coruña, a presentación de Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto. Acompañando á autora, asistirán Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse destapando nomes femininos nos que fixar a mirada e sobre os que resta moito por escudriñar.

Cómpre sacar á luz mulleres que foron agochadas, esquecidas, banalizadas. Pararnos a pensar con elas e sobre elas. Aprender das máis coñecidas, pero sobre todo das moitas próximas. Coñecer que existiu unha oceanógrafa como Ángeles Alvariño, a primeira almiranta, Sabela Barreto; a primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro, as primeiras universitarias. A enumeración é longuísima e aínda será máis. Ampliala é unha forma de construír sororidade, de dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras. Tamén seguidoras, seguidores. De moitas desas mulleres, fala este libro.
África lópez souto (A Coruña, 1966). Actualmente é profesora de Filosofía no IES Urbano Lugrís de A Coruña. Escribiu libros sobre Concepción Arenal (Baía, 2004) e Simone de Beauvoir (Baía, 2008). Tamén é autora da unidade didáctica sobre a película Concepción Arenal, a visitora de cárceres (Xunta de Galicia, 2014) e realizou a revisión temático-filosófica da tradución ao galego de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir (Xerais, 2008). Ademais, é autora de numerosos artigos filosóficos e recensións. Doutourouse en Filosofía no ano 1999 cunha tese titulada “O individuo na filosofía de Michel Foucault”. Por outra banda, durante anos dedicouse a traballos de cooperación para o desenvolvemento, tanto no exterior (en Bolivia) como en Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email