Presentación de LAURA NO DESERTO en Pontevedra

Categoría: Nova

O escritor Antón Riveiro Coello presentará a súa novela 'Laura no deserto' en Pontevedra, o 18 de xaneiro, ás 20 horas, na Casa das Campás.
Organiza Maio longo, coa colaboración do concello de Pontevedra e editorial Galaxia.
Coa intervención de Luís Bará, concelleiro de patrimonio histórico
Carlos Lema, editor (editorial Galaxia) e Antón Riveiro Coello, autor da novela.
A novela de Antón Riveiro Coello está a colleitar o respaldo unánime de crítica e lectores, como demostra, entre outros galardóns que xa recibiu dende o intre da súa publicación, que neste intre se atopa como finalista do Premio Casino de Santiago, que recoñece as mellores novelas europeas en todas as linguas, ou do Premio Frei Martín Sarmiento que conceden os escolares de toda Galicia ás mellores novelas do ano anterior.

Comparte nas túas redes sociais ou por email