Presentación de CABALO DE OUROS en Noia

Categoría: Nova

A activa Asociación Cultural Barbantia organiza este acto de presentación do novo libro de Víctor F. Freixanes no que estarán presentes, amais do autor, Antón Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego, Isabel Santos, e o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero.
A nova de Freixanes supón a súa volta á narrativa despois de moitos anos de silenzo literario. A novela está a colleitar unha excelente recepción crítica e dos lectores e lectoras de todas as idades, como testemuña que se atope entre os finalistas do Premio San Clemente deste ano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email