Presentación da biografía de MURGUÍA na Coruña

Categoría: Nova

Para este xoves está prevista a presentación do libro 'Murguía' que a nosa editorial publica dentro da súa colección de Grandes Biografías e que correu a cargo do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández.
No acto intervirán Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Xosé Ramón Barreiro Fernández, autor e académico numerario, e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o autor, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas, para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo, trazando nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe, con pulso narrativo e rigor documental.

Comparte nas túas redes sociais ou por email