O peizoque Roque

Categoría: Nova

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o debut como autora para público infantil de Dores Tembrás. Galaxia publica 'O peizoque Roque', un álbum na colección OS DUROS, ilustrada fermosamente por Xosé Tomás.
Estamos diante dun delicado exercicio poético que nos pon diante da historia dun peizoquiño ben curioso, que quere alimentarse de palabras. Na súa pescuda polo mundo adiante, ha coñecer animais de todo tipo e condición que van axudarlle neste traballo fermoso na procura das verbas que alimentan, que fan soñar e que dan a vida.
Dores Tembrás incorpórase ao catálogo de Galaxia cun texto que non vai pasar desaparecibido e que vai engaiolar a grandes e pequechos e que será presentado na vindeira Feira do Libro da Coruña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email