Mesa redonda sobre VALENTÍN PAZ-ANDRADE en Vigo

Categoría: Nova

Este martes a Fundación Penzol organiza na Casa Galega da Cultura de Vigo unha mesa redonda arredor da vida e da obra do autor que este ano conmemoramos no Día das Letras Galegas, Valentín-Paz Andrade.

Moderados por Miguel Anxo Seixas Seoane, coordinador do Ano Valentín Paz- Andrade, participarán no debate grandes coñecedores do seu traballo, como son Tucho Calvo, autor de Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX (Biblos Clube), Xan Carballa, autor de Biografía de Valentín Paz-Andrade (Galaxia), e Charo Portela, autora de Valentín Paz-Andrade. Escritor, xornalista e poeta. Avogado, político e empresario (Ir Indo Edicións), Valentín Paz-Andrade. Biografía e antoloxía (Edicións Xerais) e Valentín Paz-Andrade. Vida e obra (Edicións Xerais).

Como se pode comprobar na nómina de participantes, estamos diante dalgúns dos que mellor coñecen toda a laboura, inmensa, feita por Paz-Andrade xa non só na literatura senón tamén, ou sobre todo, noutros eidos esenciais para a nosa terra como foi o traballo político.

Comparte nas túas redes sociais ou por email