Galaxia no Culturgal

Categoría: Nova

Un ano máis a Editorial Galaxia vai desenvolver un amplo programa de actos no marco do Culturgal que vai celebrarse, como todos os anos, en Pontevedra. Un mollo de propostas moi amplas que contemplan dende encontro con escolares a conversas con autores ou espectáculos musiciais tanto infantís como destinados ao público adulto.
De seguido, o noso programa para a Feira das Indutrias Culturais do 2013.
VENRES

12.15 h. ENCONTRO CON ESCOLARES Sabela González, autora de 'As crónicas de Landereina', unha triloxía que comeza co libro 'Bágoa de lúa' manterá un encontró con lectores novos. No Espazo Infantil
20 h. CONVERSA CO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO ao redor do libro 'O corazón da Branca de Neve' (XIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco. No Espazo Libro.

20.30 h CONVERSA COA ESCRITORA ANXOS SUMAI ao redor do libro 'A lúa da colleita' (premio García Barros 2013). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco. No Espazo Libro.

SÁBADO

19 h CONVERSA COA ESCRITORA BERTA DÁVILA ao redor de 'O derradeiro libro de Emma Olsen' (Premio Repsol Narrativa Breve). Conduce a presentación a xornalista Teresa Cuiñas. No Espazo Libro.

19.30 h CONVERSA CO ESCRITOR ANTÓN RIVEIRO COELLO ao redor do libro 'Acordes naúfragos'. Conduce a presentación a xornalista Teresa Cuiñas. No Espazo Libro.

DOMINGO

12 h. CONCERTO DE PABLO DÍAZ presentando 'Toc Toc', o seu novo libro-disco. Espectáculo para público familiar. No Auditorio do Pazo.

18 h. ACTUACIÓN MUSICAL DE SUSA HERRERA E MAMÁ CABRA con algúns dos temas do seu novo libro-disco 'Cartas que veñen e van'. No Espazo Infantil

18.30 h ACTUACIÓN DE NAJLA SHAMI con temas do seu novo libro-disco 'Na lingua que eu falo'. No Espazo Libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email