Galaxia no Culturgal

Categoría: Nova

Un ano máis, a nosa editorial terá unha presenza importante no Culturgal, como din os organizadores, "o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade".
Neste ano, e como poderás ver no programa que podes descargar á dereita destas liñas, durante os tres días de Culturgal centrarémonos en presentar un bo mollo de novidades editoriais, tamén en música (o libro sobre Berrogüetto, o último de Mamá Cabra…). Por outra banda, e dentro do Foro Culturgal, "un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo", segundo se nos lembra dende a web do Culturgal, autores como Domingo Villar ou Xulia Alonso terán ocasión de compartir as súas angueiras e impresións sobre o acto creativo e a experiencia de escribir.

Velaquí tedes a relación de actos de Galaxia:

VENRES 2
– 19:00 h, conversa de Ana Romaní con Antonio Piñeiro, autor de AS FIANDEIRAS, premio García Barros 2011. No Salón

– 20:00 h, conversa de Ana Romaní con Xulia Alonso, autora de FUTURO IMPERFECTO. No Salón

SÁBADO 3
– 12:00 h, presentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS, de Víctor López e Tomás Alonso. No Salón

– 13:00, María Solar e Xosé Tomás presentan VOU TER UN IRMÁN!!!. No Cuarto dos nenos

– 13:30 h, presentación do libro CRIATURAS. No Salón

– 18:00 h, Xosé Tomás presenta NÓMADES. No Salón

– 18:30 h, presentacion do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA. O grupo interpretará en directo algún dos temas que se inclúen no libro en CD e DVD. No Patio

– 19:45 h, conversa de Manuel Jabois con Domingo Villar e novos autores de novela negra. No Salón

DOMINGO 4
– 12:00 h, Concerto do grupo Mamá Cabra para presentar o seu novo libro-disco, XA ME TARDAN ESTES MAGOS. No Auditorio do Pazo

– 12:45 h, conversa de Xesús Fraga con Antón Riveiro Coello arredor da súa novela LAURA NO DESERTO. No Salón

Comparte nas túas redes sociais ou por email