Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Entrega do Premio Illa Nova 2018

14 Abril | 18:00 - 19:00

Evento Navegación

slider-convite-premio-illa-nova

A Editorial Galaxia comprácese en convidarvos á entrega do Premio Illa Nova 2018 que terálugar o vindeir o sábado 14 de abril ás 19.00h no teatro da sede da Fundación Barrié en Vigo (Policarpo Sanz, 31).
O acto contará coa actuación musical do grupo A banda da loba, e fará entrega do premio Vanesa Santiago, como gañadora da primeira edición.
Este ano entregarase ao público unha edición facsimilar non venal do primeiro libro da Colección Illa Nova, Vieiro choído, de Xosé Luís Franco Grande. Tamén teremos un espazo de recordo e homenaxe para Xohana Torres, falecida hai uns meses e que foi autora do segundo volume da colección.
A Editorial Galaxia creou este certame para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación entre os máis novos cando se cumpren máis seis décadas dende que botou a andara colección Illa Nova. Era 1957 e a Editorial Galaxia pretendía dar continuidade ao seu proxecto a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardiño Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”.
Coa finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa que queremos visibilizar en sociedade con este acto.
Estariamos encantados de contar coa vosa presenza.

Detalles

Data:
14 Abril
Hora:
18:00 - 19:00
Categoría do Evento:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR