Entrega do Premio San Clemente a Anxos Sumai e Haruki Murakami

Categoría: Nova

O Premio San Clemente está considerado, e con razón, un dos galardóns máis apetecidos por todas as escritoras e escritores, e xa non só galegos, pois estamos a falar dun premio de dimensión internacional. O motivo de que sexa un premio tan gorentoso é que está concedido por rapaces e rapazas de diversos institutos galegos, é dicir, son os propios destinatarios dos libros, o público lector, quen valora que textos, ao seu xuízo, son merecentes de tal honra e recoñecemento. Nesta ocasión recólleno, entre outros, dous autores do catálogo de Galaxia: Anxos Sumai e Haruki Murakami.

O nipón vén recollelo por "Kafka na beiramar" mentres que Anxos Sumai recíbeo pola súa novela "Así nacen as baleas".

Comparte nas túas redes sociais ou por email