Encontro con Fina Casalderrey en Pontevedra

Categoría: Nova

Este xoves, a xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero, faralle unha entrevista a Fina Casalderrey na librería Cronopios de Pontevedra. A autora respostará tamén ás que faga o público asistente.
Ao remate do acto, Fina Casalderrey asinará exemplares das súas obras.
Dende hai uns meses, a activa libería pontevedresa ofrece este tipo de coloquios que resultan moi interesantes e participativos e que permiten achegarse ás autoras e autores dende un punto de vista diferente.
A entrada é libre e aberta a todo o público interesado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email