Concerto de Mamá Cabra en Vigo

Categoría: Nova

Este luns, ás 18.30 no salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Vigo, na pranta segunda, o grupo de música infantil Mamá Cabra, ofrecerá un concerto co gallo do Día das Letras Galegas.
A actividade está pensada para nenos e nenas ata os sete anos e cómpre recoller o convite no Departamento de Relacións Externas, na primeira pranta do centro comercial.
Mamá Cabra centrará a súa actuación no seu, polo de agora, último traballo na nosa editorial, 'Bicos de música'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email