Eva Almazán e Rodríguez Baixeras, premiados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

Categoría: Nova

En Santiago de Compostela, nunha cea literaria ben concorrida, entregáronse os devanditos premios, resultado das sucesivas votacións realizadas polos asociados na AELG. No apartado de tradución foi elixido o traballo de Eva Almazán: Brooklyn Follies de Paul Auster. Entre os finalistas salientou a tradución de Molloy de Samuel Becket (Clásicos Universais), realizada por Anxo Rei Ballesteros. No apartado de poesía, ao que chegaron sete finalistas, resultou premiado o libro de Rodríguez Baixeras O pan da tarde.

Marica Campo (literatura infantil), Gustavo Pernas (teatro), Manuel Rivas (narrativa), Manuel Forcadela (ensaio), Antón Lopo (traxectoria xornalística), Ana Romaní e o Diario CulturalMarica Docampo (literatura infantil), foron tamén premiados, elixidos por votación entre un amplo conxunto de finalistas entre os que destacaban os textos de Xosé María Álvarez Cáccamo, Memoria de poeta (Memoria); Rebeca Baceiredo, O suxeito postmoderno. Entre a estética e o consumo (Ensaio) e María do Cebreiro, Os hemisferios (Dombate).

Cerrou o acto a intervención do escritor angolano Pepetela, Premio Camoes no ano 1997, autor de libros como A gloriosa familia, Lueji. O nascimento de un Imperio ou O desejo de Kianda, ex-ministro de Educación no seu país e figura sobranceira das letras africanas en lingua portuguesa, traducido as principais linguas europeas, quen se declarou recoñecido pola distinción e "orgulloso de a partir de agora poder levar polo mundo o título de Escritor Galego Universal, irmáns na lingua común".

En palabras de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, a figura honorífica de Escritor Galego Universal, que se concede anualmente por riba da distinón de idiomas e xeografías, intenta proxectar a presenza dos escritores galegos apoiándose no coñecemento e no prestixio de escritores e escritoras recoñecidos en todo o mundo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email