Eu escribo, ti escribes, el escribe (A escrita creativa na aula) é un Obradoiro Literario dirixido a profesor@s e centrado na aprendizaxe de técnicas de Escritura Creativa para poñer en práctica nas aulas ou noutras actividades de lecer coa mocidade. Todos os participantes verán publicados algúns dos seus poemas ou contos nun blog interactivo que se creará para a ocasión, e todo o material didáctico que se utilice durante o Obradoiro Literario, será editado electrónicamente e estará a disposición de toda persoa interesada a través de Internet.

Ao mesmo tempo, o Obradoiro Literario busca estimular aos asistentes a producir textos literarios como evidencia e práctica do que despois traballarán nas súas aulas e, non menos importante, revindicar o pracer da literatura e da escrita literaria, así como o seu importante papel na formación das rapazas e dos rapaces do século XXI.

PROGRAMA DO OBRADOIRO:

Sesión 1: A palabra coma un goce
– Con sete palabras (e unha coma) facemos nacer un mundo.
– Actividade en grupo: Agachando e descubrindo verbas
– A cociña literaria

Sesión 2: A beleza, a harmonía e a distorsión
– Expresividade. Claroscuros. Luz na néboa.
– Vexo e penso. A historia oculta.

Sesión 3: Á caza dos personaxes inmorrentes.
– A fonte da que nacen os personaxes: os xornais e as revistas son máis fantasiosos do que parece.
– Actividade en grupo: Ler o periódico doutro xeito. Aí hai vidas e historias que contar.

Sesión 4: Os heroes, as heroínas e as versións.
– A construción da mitoloxía. Heroes de todos os días.
– Actividade en grupo: Con sete palabras ( e moitas comas, e puntos, e puntos e comas ) facemos nacer un mundo.

INSCRICIÓN E DIPLOMA
O curso, de prazas limitadas, é gratuíto, pero require inscrición previa. Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo.

DURACIÓN E EMPLAZAMENTO DO OBRADOIRO
O obradoiro, de catro sesións, desenvolverase no Instituto de Artes Escénicas de Ourense (Rúa da Canle, 2), os días 22, 23, 29 e 30 de Outubro, en horario de 18 a 20’30 horas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR