Estreamos espazo en Nós Televisión

Categoría: Nova

O pasado mes de xaneiro estreamos espazo de libros na canle de Nós Televisión. #UniversoGalaxia foi o nome escollido para unha sección onde teredes a oportunidade de coñecer máis de preto as nosas novidades literarias da man das súas autoras e autores. A encargada de estrear este novo espazo foi Ana Cabaleiro que, con As ramonas, se convertía a finais do 2018 na gañadora do Premio García Barros de Novela. Podes ver a súa entrevista aquí.
Axiña lle seguirá entre as convidadas no pasado mes, a conversa con Anna R. Figueiredo sobre a súa novela debut Os bicos feridos (Premio Viadutos 2018), que vai xa pola segunda edición. Deste xeito, cada mes, coñeceremos a fondo a obra de dúas autoras ou autores desta Galaxia, agora tamén no universo de Nós Televisión.

Comparte nas túas redes sociais ou por email