Este luns remata o prazo para o Premio Illa Nova 2019

Categoría: Nova

Este luns, 14 de xaneiro, remata o prazo para participares no Premio Illa Nova de Narrativa para autoras e autores menores de 35 anos.
Se tes menos de 35 anos e unha novela ou libro de relatos inédito, non dubides en enviárnola antes do 14 de xaneiro (incluído). Podes gañar un premio de 3.000 euros e ver a túa obra publicada na colección Literaria de Galaxia. Podes consultar as bases ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email