Esta semana, “Pandemia” de Slavoj Žižek nas librerías de toda Galicia

Categoría: Evento, Nova

A Editorial Galaxia vén de publicar esta obra do que é considerado por moitos o pensador vivo máis influente da actualidade. Dende esta semana estará nas librarías de toda Galicia en tradución de Carlos Aymerich.
Pandemia. A Covid-19 sacode o mundo é un texto no que Žižek reflexiona sobre a pandemia do coronavirus e a necesidade de repensar políticamente a sociedade contemporánea.
Os intelectuais teñen a obriga de pensar o mundo. Por iso este libro é unha reflexión urxente sobre a crise do coronavirus. Sobre a súa relación coa política, a economía, o medo e as liberdades. Sobre a conexión entre a expansión da pandemia e o modelo socioeconómico das sociedades modernas. Sobre a COVID-19 como última advertencia ante a crise ecolóxica que paira sobre o futuro do mundo. Sobre a necesidade de ir máis aló e pensar que forma de organización social substituirá á Nova Orde Mundial liberal-capitalista.
O autor destina enteiramente as royalties mundiais deste libro á ONG Médicos sen fronteiras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email