Escola de letras

Escola de Letras que promoven a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia é un proxecto formativo arredor da literatura e a escrita literaria, pioneiro en Galicia e sen moitos precedentes no conxunto de España. A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra é un proxecto que pretende constituirse nun motor de actividades centradas na Literatura, na Escrita Creativa e no goce da palabra.

Escola de Letras, toda a súa oferta formativa e loxística de funcionamento (convocatoria de obradoiros, xestión do alumnado, contratación e pago do profesorado, comunicación, mantemento de redes sociais, edición dos libros, etc.) é un traballo feito polo equipo de profesionais da Editorial Galaxia.

Unha actividade formativa de gran poder lúdico que aúna literatura con pracer e que permitirá, aos asistentes, gozar dos libros, da lectura e da escrita dunha maneira nova e insospeitada.

Obradoiros literarios

 Os que teñen asistido a Obradoiros de Escrita xa saben dos seus efectos benéficos. O que fai a Escola é ofrecelos dunha maneira máis ou menos estable e con garantía de continuidade e non dun xeito esporádico.

Escola de Letras da Deputación de Pontevedra ofrecerá unha oferta formativa ao longo do ano baseada, fundamentalmente, na celebración de Obradoiros Literarios dirixidos por escritoras e escritores do noso país, nas cidades de Vigo e Pontevedra. Será unha formación impartida por autoras e autores de dilatada traxectoria e con experiencia na dirección de obradoiros para todos os chanzos de idade. Pensamos nas escritoras e escritores máis importantes do noso país para que se impliquen neste proxecto.

Escola de Letras da Deputación de Pontevedra nace coa pretensión de ofrecer á cidadanía unha oportunidade para darlle azos á súa imaxinación, ao gusto pola literatura e, sobre todo, para demostrarlles que, ben dirixidos, poden ser quen de crear textos literarios propios.

Ademais da celebración de toda clase de Obradoiros Literarios, organizaranse encontros con profesionais da literatura e da edición, recitais, e, ao final do ano, a edición dun libro que recollerá traballos dos e das participantes.

 
 
 
 

Docencia

Francisco Castro

Diego Giráldez

Inma López Silva

Antonio Garcia Teijeiro

Esther F. Carrodeguas

Marta Dacosta

Novidades

Seguídenos nas redes para coñecer todas as nosas novidades